Repartindo a nosa riqueza

portada

Precio: 

10,00 €

Páginas: 

144 pág.

ISBN: 

9788493985370

Unha comunidade está conformada por persoas que van actuar como forza de traballo e outras que non, xa sexa pola franxa de idade, estado físico ou ben por decisión propia. E todas precisan ser coidadas e ter garantidas unhas condicións de vida saudábeis. A condición de ser humano é o elemento primario da xeración de tal dereito e, a concepción da fraxilidade e interdependencia que caracteriza a nosa existencia, o sustrato para formular propostas que aborden a centralidade da vida como premisa para o reparto da renda e a xustiza social.

Formulacións que permitan satisfacer as necesidades básicas -tanto as materiais, como emocionais, sanitarias, relacionais, culturais, identitarias e políticas- e vivir con dignidade, senón que abran espazos de cuestionamento da orde vixente e permitan avanzar algúns pasos na construción de procesos amplos de transformación social.

Pasar da histórica reivindicación do emprego a que sexa a vida, a existencia humana con dignidade, a que este a no centro das preocupacións políticas e sociais, é facer unha aposta firme pola RBis.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.